sábado, 16 de agosto de 2014

O que é a Antropoloxía Filosófica?

Do meu paso pola UNED para completar a Licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural (canda as compañeiras e compañeiros deste blog) lembro con satisfacción o estudio de varias asignaturas, entre elas unha optativa de impoñente nome e contido, ao meu ver, fundamental: a Antropoloxía Filosófica.

"E iso que é?" adoitaban respostar amigos e familiares cando eu falar dela certamente entusiasmado. Pois malia apariencia metafísica e intrincada do concepto, a Antropoloxía Filosófica é un saber que late no fondo de toda manifestación cultural; tan antigo, tan presente e tan futuro como o mesmo Home. De feito tamén é definida como Filosofía do Ser Humano.

Seguindo ao profesor Javier San Martín Sala e sobre apuntes que tomei lendo o seu manual da asignatura, eis unhas notas sobre o tema. Espero que sirvan a quen teña interese por esta disciplina ou simplemente curiosidade antropolóxica.

A Antropoloxía Filosófica, di Javier San Martín, pode servir para tres cousas:

- Coñecer un modo de facer filosofía.
- Adquirir unha visión crítica sobre a antropoloxía científica.
- Configurar unha estrutura mental para pensar a propia vida.

O ser humano ten como fontes de saber a Tradición, a Ciencia e a Filosofía. Nestes campos, a Antropoloxía Filosófica busca, identifica e analisa criticamente as respostas que se dan ás preguntas fundamentais do Home, e que Kant resumira en tres:

- O que a Natureza fixo do ser humano.
- O que o ser humano fai de si mesmo.
- O que debemos facer de nós mesmos.

Partindo da base de que "a ciencia ten a primeira palabra, mais non a última" (Husserl dixit), a Antropoloxía Filosófica sitúase na esencia do ser humano. E cal é esa esencia? Isto é, baixo o punto de vista de calquera tradición cultural, dende toda ciencia ou filosofía, que ten o Home en común? Pois segundo explica Javier San Martín: "a apertura, trascendencia e indeterminación, que fai a vida aberta".

"El ser humano ha de comprenderse como una vida que se vive a sí misma y lo sabe", di noutro parágrafo do manual didáctico. "Hay que contar con la historia de otros, con otras culturas y tradiciones, como mediaciones de la posibilidad misma de una experiencia universalizable", engade o catedrático da UNED.

O que distingue a Antropoloxía Filosófica é xa que logo a súa "inadecuación como ontología regional del ser humano".

En síntese, a Antropoloxía Filosófica pretende atopar un discurso universal sobre o ser humano, con efectos utópicos, críticos e práctico-morais. Asi por exemplo, desvélanos como a imaxe do home occidental é un producto da conxunción do pensamento hebreo, grego e cristiano; ou que a Modernidade puxo ao Home como punto de partida e "descubriu" ao Outro.

O autor do manual que estou a resumir a vuelapluma, repasa as concepcións do ser humano da man de Descartes, Rousseau, Kant, Marx ou Nietzsche. Detense asemade nos "desarrollos explícitos" da Antropoloxía Filosófica no século XX, con autores como Scheler, Heiddeger, Lévi Strauss ou Foucault.

Finalmente, e no contexto da Antropoloxía na Posmodernidade, Javier San Martín propón un método de análise e evaluación cultural, baseado na fenomenoloxía de Ortega e Husserl. Entre outros temas que introducen xa na Filosofía da Cultura, aborda ámbitos como o traballo, a familia e a política ou o xogo.

Como vedes, a Antropoloxía Filosófica ten moito que dicir e que aportar á nosa disciplina. Alomenos, eu mireino así.

Sobre o profesor Javier San Martín: http://portal.uned.es/portal/page_pageid=93,25434643&_dad=portal&_schema=PORTAL

domingo, 10 de agosto de 2014

¿Dejaremos algún día de ser microagresores?

Leyendo el artículo publicado en S Moda (http://smoda.elpais.com/articulos/la-era-de-las-microagresiones/5182), me ha venido a la cabeza la cantidad de veces que me he sentido microagredida por culpa de los prejuicios y estereotipos que todos tenemos interiorizados. Aquí os dejo algunos ejemplos de conversaciones:

- ¿No te gusta el pulpo siendo gallega?
- No, no me gusta, pero eh, me gusta el marisco...

-Para ser española, hablas bastante bien inglés.
- Gracias, es lo que tiene haberse sacado un C1 en inglés.

-¿Cómo te pueden gustar los díbujos a tu edad?
- Papá, prefiero ver dibujos a ver Sálvame o Punto Pelota.

-Los cereales sólo son para  niños pequeños- Esto es algo que me suele decir mi padre a menudo.
-A mí me gustan, me da igual para quién sean, si es que los hacen exclusivamente para un cliente en concreto.

Soy una chica de 28 años, española que habla inglés, gallega a la que no le gusta el pulpo, a la que le encanta Arctic Monkeys, Muse y Eminem, que ve series como Grey's Anatomy, Once Upon a Time, Salem o American Horror Story, a la que le chiflan los cereales, a la que le encantan los dibujos animados y a la que a pesar de estar haciendo filología inglesa no le emociona la literatura y prefiere la lingüística. Esto es una pequeña muestra de lo que soy. No encajo en ningún estereotipo pero, para mi alivio, nadie encaja porque somos personas no clichés.